CAMIÑO

UN SAÚDO.

Desde este blog trataremos diferentes temas relacionados coa Educación Física, e moitos outros asuntos.

SE NACEMOS, NACEMOS PARA ESTAR SANS, POIS ESA É A TENDECIA DE TODO SER VIVO.
SE CRES QUE ESTÁS ENFERMO, ENFERMARÁS; SE CRES QUE ESTÁS SAN, ESTARÁS SAN.

viernes, 12 de julio de 2013

LETRAS GALEGAS 2014. XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


A REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA DECIDIU HOMENAXEAR
O 17 DE MAIO DE 2014 AO POETA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (1914-1990). Autor de NIMBOS (1961) considerada unha  das mellores obras da poesía galega moderna, que contén o célebre poema "Penélope", xustamente célebre pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico.
 
O VERME E A ESTRELA
Esta sede infinita de pureza
ausoluta, esta sede de xustiza
que nos queima, esta sede de beleza…

baixo as alas de pedra da preguiza
e a paga do pecado en cada esquina
e a herbiña sobre a foia e a ruína…

¡ Esta sede de lus, mentres o vento
da norte zoa darredor das cousas
que están no noso corazón, cincento
sopro que arrinca os días, queima as chousas
 máis íntimas, e várreas coma a ágoa…!
A lus do mundo é a que arde nunha bágoa.

 PENÉLOPE
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados como sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

 A NOITE É ...

Hai homes cheos de sombra,
homes a contralús
que che fan ver a Deus
coma unha mar de lus.


A Noite é necesaria
pra que ti poidas ver
sobre o medo e o mal
as estrelas arder.

No hay comentarios:

Publicar un comentario