Para preservar toda a súa obra ceouse a FUNDACIÓN ELENA PONIATOWSKA AMOR A.C.
UN SAÚDO.
Desde este blog trataremos diferentes temas relacionados coa Educación Física, e moitos outros asuntos.
SE NACEMOS, NACEMOS PARA ESTAR SANS, POIS ESA É A TENDECIA DE TODO SER VIVO.
SE CRES QUE ESTÁS ENFERMO, ENFERMARÁS; SE CRES QUE ESTÁS SAN, ESTARÁS SAN.
SE NACEMOS, NACEMOS PARA ESTAR SANS, POIS ESA É A TENDECIA DE TODO SER VIVO.
SE CRES QUE ESTÁS ENFERMO, ENFERMARÁS; SE CRES QUE ESTÁS SAN, ESTARÁS SAN.
miércoles, 20 de noviembre de 2013
ELENA PONIATOWSKA PREMIO CERVANTES 2013
Naceu en París e aos nove anos a súa familai emigrou a México por mor da II guerra mundial. Aos 81 anos gaña o PREMIO CERVANTES 2013
Para preservar toda a súa obra ceouse a FUNDACIÓN ELENA PONIATOWSKA AMOR A.C.
Para preservar toda a súa obra ceouse a FUNDACIÓN ELENA PONIATOWSKA AMOR A.C.
domingo, 17 de noviembre de 2013
25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACINAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
«Millón s de mulleres e nenas de todo o mundo son agredidas, golpeadas, violadas, mutiladas e incluso asasinadas no que constitúen atroces violacións dos seus dereitos humás.»
O Secretario Xeral, Ban Ki-moon.
Por qué este Día internacional?
Debido a que:
- A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humáns
- A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto polas leis como pola práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero
- A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluidas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA a a paz e a seguridade
- A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
- A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.
jueves, 10 de octubre de 2013
miércoles, 25 de septiembre de 2013
APLICACIÓNS EDUCATIVAS DA WEB 2.0
RECURSOS EDUCATIVOS DIVERSOS.
Recopilación de enlaces: "Aplicacións educativas da Web 2.0"
martes, 17 de septiembre de 2013
jueves, 18 de julio de 2013
LUIS AMADO CARBALLO. POETA ETERNO.
O GALO
Luís Amado Carballo (02-05-1901/02-09-27) atópase anda
moi perto de nós. O seu pulso latexa coa forza d'hai uns anos nas nosas letras.
E por eso, poI-o ter tan perto, coido audacioso o intento de o definir dentro
do conxunto da xente moza.
Ha de pasar tempo. A literatura de hoxe
irá madurando e tomando corpo n'unha persoalidade integral.
E logo, ô frente
d'unha edición ben ordeada e composta da sua obra, será o intre de señalar,
xustamente, o seu posto no mapa do noso renacimento.
* * *
Camiño da miña terra —como sua nas
veiras de Lérez— dei con él (vrán de 1927) n'unha casiña homilde de Pontevedra.
Inda que nunca nos víramos os nosos brazos cruzáronse como pra refrorecer unha
vella aperta. Falamos de "Proel" —que saíra facía pouco—, da nova xente
e das novas ideas encol da nosa terra. El agardaba vivir n'unha escola da
montana —quezais poI-o outo Paraño— onde se reporía da saude perdida na
bretemosa veiramar. Comporía libros de romances galegos e vidas de santos.
Remataría a carreira de Letras. Na rede miragreira da Edade Meia galega
enmallara o seu espírito de poeta aldeán.
Aquel mesmo día — ¡quen-o dixera!— ô
longo das ruas vilegas quedou a madeixa das suas pisadas derradeiras. Non
tardou a morte —él ben-a sentía ir e vir ô redor seu con silenzos de loba— en
s'erguer diante d'él, ispida e dura, pra lle segal-a vida coma un xunco.
Vida a sua na que Galicia acochaba un
tesouro de verbas risoñas.
* * *
Din as xentes que pol-a veira do río
unha moza namorada escoita o ecoar das augas nos valgados e o remorso das
carballeiras, soñando n'ese tesouro de verbas que nunca mais frorecerán.
O. E.
O Galo
Abrell'as portas ao día
co-a chave do teu cantar
que xa na fonte da Lua
está lavada a mañán.
Bótall'o teu aturuxo
a paisaxe dend'o val
qu'o gran balbo das estrelas
cairá serodio no mar.
O campo cheo de frío
busca un anaco de sol,
alcéndelle unha fogueira
co lume da tua voz.
O GALO
viernes, 12 de julio de 2013
LETRAS GALEGAS 2014. XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
A REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA DECIDIU HOMENAXEAR
O 17 DE MAIO DE 2014 AO POETA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (1914-1990). Autor de NIMBOS (1961) considerada unha das mellores obras da poesía galega moderna, que contén o célebre poema "Penélope", xustamente célebre pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico.
O VERME E A ESTRELA
Esta sede infinita de pureza
ausoluta, esta sede de xustiza
que nos queima, esta sede de beleza…
baixo as alas de pedra da preguiza
e a paga do pecado en cada esquina
e a herbiña sobre a foia e a ruína…
¡ Esta sede de lus, mentres o vento
da norte zoa darredor das cousas
que están no noso corazón, cincento
sopro que arrinca os días, queima as chousas
máis íntimas, e várreas coma a ágoa…!
A lus do mundo é a que arde nunha bágoa.
PENÉLOPE
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados como sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
A NOITE É ...
Hai homes cheos de sombra,
homes a contralús
que che fan ver a Deus
coma unha mar de lus.
A Noite é necesaria
pra que ti poidas ver
sobre o medo e o mal
as estrelas arder.
sábado, 25 de mayo de 2013
lunes, 22 de abril de 2013
jueves, 18 de abril de 2013
EMILIO CORRAL VÁZQUEZ,
O gaiteiro EMILIO CORRAL VÁQUEZ, falece na Coruña ao 103 anos de idade (1910-2013). No ano 1964 a Real Academia Galega nomeouno GAITEIRO MAIOR DO REINO.
sábado, 9 de marzo de 2013
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADOR.
Día Internacional da Muller Traballadora ou Día Internacional da Muller conmemora a loita da muller pola súa su participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Celébrase o día 8 de marzo. (wikipedia)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)