CAMIÑO

UN SAÚDO.

Desde este blog trataremos diferentes temas relacionados coa Educación Física, e moitos outros asuntos.

SE NACEMOS, NACEMOS PARA ESTAR SANS, POIS ESA É A TENDECIA DE TODO SER VIVO.
SE CRES QUE ESTÁS ENFERMO, ENFERMARÁS; SE CRES QUE ESTÁS SAN, ESTARÁS SAN.

viernes, 4 de diciembre de 2015

XOSÉ NEIRA VILAS

MORRE XOSÉ NEIRA VILAS (03-11-1928-- 27-11-2015), O ESCRITOR ETERNO E UNIVERSAL, QUE,  SEN DECATARSE, PUXO O GALEGO POR TODAS PARTES DO PLANETA SEN OFENDER A NINGUÉN. UN HOME DE BEN, UN SER HUMANO TOTAL.

lunes, 23 de noviembre de 2015

25 DE NOVEMBRO DE 2015, DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 POR QUE ESTE DÍA INTERNACIONAL?  
É   necesario debido a que:    
- A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos
- A violencia contra a muller è consecuencia da discriminación que sofre, tanto nas leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero,
- A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.     
- A violencia contra as mulleres e as nenas   pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
- A violencia contra  a muller segue sendo unha pandemia global. Hata un 70% das mulleres sofren violencia na súa  vida .

         A ONU-MULLERES  oraniza unha campaña de  16 días de activismo  contra a violencia de xénero  comeza o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e remata o 10 de decembro, Día dos Deretoos Humanos.    
   


     

viernes, 13 de noviembre de 2015

3º PREMIO DE POESÍA MANUEL LORENZA.

CARTEL DE MIGUEL ANXO MOURIÑO CO POEMA QUE OPTÉN O TERCEIRO PREMIO DE POESÍA MANUEL LORENZO DO ANO 1987  CONVOCADO CO GALLO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
 http://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/14219#http://academia.gal/dicionario_rag/miniSearch.do?

martes, 13 de octubre de 2015

GALEGOS POR ESCRAVOS. EMIGRACIÓN A CUBA NO SÉCULO XIX-

 AS LISTAS DE URBANO FEIJÓO 
  GALEGOS POR ESCRAVOS  http://www.rtve.es/television/20151002/gallegos-esclavos-listas-feijoo/1230930.shtml

Durante o século XIX, Cuba enfrentouse á   persecución da trata e víuse na obriga de buscar alternativas ao traballo escravo para a producción da caña de zucre. Mais as relaciones laborais na illa estaban construídas ao redor da escravitude.
No ano 1853, a Compañía Patriótico Mercantil de Urbano Feijóo y Sotomayor, levou a man de obra galega ao campo cubano, foi un dos intentos fallidos de levar traballadores libres a Cuba. Ao ano de empezar a funcionar,  a Compañía e 'los gallegos de Feijóo'  levaron o caso ata as Cortes españolas, debido ao  incumprimento dos contratos e á situación laboral de escravitude dos galegos. 



       
        Emigración gallega

viernes, 24 de julio de 2015

LETRAS GALEGAS 2016


A REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA ELIXÍU A MANUEL MARÍA PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2016.



O CARRO
Non canta na Chá ninguén.
Por eso o meu carro canta.
Canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino como un asubío.
Anque é, ás vegadas, saudoso,
faise, no ar, rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
¡Que fermosa a súa feitura!
¡Que lixeireza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde o meu carro pasa.
¡Carrétame herba pró gando!
¡Traime a colleita pra casa!

                         Terra Chá, 1954 

 
  Duros carballos verdeados,
petrucios e sedentarios!
 Estades na Chá chantados
solemnes e centenarios!
 Como amo a vosa beleza
da máis baril sobriedade!
 Que sensación de forteza
ollando prá eternidade!